azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

labregos do tempo dos sputniks – nota necrolóxica lyrics

Loading...

deron os abecedarios
a nova da túa morte,
meu vello can de palleiro,
meu vello can de palleiro,
abandonado da sorte.
un poeta sin fortuna
morto de morte matada
mentras soñaba coa terra,
mentras soñaba coa terra,
malferida a malpocada.

a moura necroloxía
resultou ser unha trola
da xente anana e mezquiña,
da xente anana e mezquiña,
a quen o teu verbo esfola.

xente á que debes decirlle
surrindo e sin acritude:
os mortos que vós matades,
os mortos que vós matades,
gozan de boa saúde.

pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea,
mais o lume que alampea,
xamais o veredes morto.



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...