azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

luar na lubre – cantiga do neno da tenda lyrics

Loading...

bos aires ten unha gaita
sobre do río da prata
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡triste ramón de sismundi!
aló, na rúa esmeralda,
basoira que te basoira
polvo déstantes e caixas.
ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposíbel
na verde riba da pampa.
¡triste ramón de sismundi!
sinteu a muiñeira d&dgoa
mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
foise pra veira do río,
veira do río da prata
sauces e cabalos núos
creban o vidro das ágoas.
non atopou o xemido
malencónico da gaita,
non viu o inmenso gaiteiro
coa frolida dálas:
triste ramón de sismundi,
veira do río da prata,
viu na tarde amortecida
bermello muro de lama.



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...