azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

ses – romance da bela rosa lyrics

Loading...

unha vez houbo unha flor
que só ulía certa xente
no xardín dun gran demente

con máis poder que razón

a rosa leda medrou,
medrou soa e sen axuda,
era forte coma ruda,
contra o frío e o calor

saíu o sol e corou,
co seu vermello impoñente,
tanto, que ao amo e a outras xentes
molestou o seu primor

no canto de con amor,
ollábana con vaidade,
e ante a fermosa humildade
respostaron con temor

moitas flores do redor,
de xardíns de alleas terras,
aplaudiron moi contentas
cando o amo as recortou

a planta quedou sen flor
pero aínda resistía,
porque a raíz se nutría
da terra que a enxendrou

a terra considerou
que o seu froito era inocente,
que fora n-bre e valente
e dela se preocupou

a auga axiña chegou
e o resto de compañeiras
acudíronlle lixeiras
e calmaron a súa dor

certo día aquel señor
foi alabar a maceira
e reparou na roseira
que cortara con rancor

mil rosas con esplendor
recendían maxestuosas
unhas espiñas máis grosas
que as tesouras do señor

comprendiu o amo entón,
o seu crime despiadado,
caiu ao chan apenado
e pola rosa chorou

aquela primeira flor
só no recordo latexa
pero se a raíz é rexa
a planta non morre, non



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...