azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

dani cornes - máis adentro lyrics

Loading...

como non?
se me metes a man no meu peto
e o teu índice debuxa aneis nos meus dedos

como non?
como non vou dicir que si
cando todo o que fixen o fixen pensando en ti?

atravesando cidades estranxeiras
os ventos de europa berran por ti
colándonos nas estacións do metro de berlín

planificando f+xidas espontáneas
hoxe santiago, mañá madrid
berrando, cando esteas lonxe lémbrate de min

bicándonos na chuvia
nunha noite de decembro
se fósemos católicos
ardíamos no inferno
ensunciándonos na ducha
cos veciños escoitando
chegamos ata arriba
e o meu ritmo vai baixando

volta xa voando
e devórame estes beizos
hoxe están tan fríos
que merecen cadaleitos
non sei se estou morrendo
ou se me doe este inverno
ás veces se me olvida
como latexaba o teu peito
como non
se me metes o amor máis adentro que ninguén
que ninguén



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...