diego flâneur & ünder - feira de nadela lyrics
creo que te vin na feira
comprando queixo coa túa abuela
creo que estaba en nadela
pero é que feiras hai moitas feiras
corrín o campo da festa
para ver se estabas detrás da orquesta
vin o que levabas posto
roubaras esa chaqueta
creo que te quero tanto
como o abuelo quere ás colmenas
creo que me queres tanto
como esas flores queren á abuela
vexo o mundo tan grande
que nunca saio da miña leira
pero aquí sempre hai foliada
aquí sempre temos festa
non sei que pasou
na feira de nadela non me viches, non
eu coa roupa nova, era de colección
de sabelo eses cartos gastaríaos en ron
os buses son todos tristes
se non estás ti na miña beira
fáiseme longo o camiño
conecten lugo con compostela
sempre te vexo guapa
non sei que fas con esa melena
debes lavar o pelo
con plantas raras, pareces meiga
sempre que chove moito
sinto que tapas a miña pena
i eu que vivo en galicia
pagar por tapas non vale a pena
sempre falas da lúa
do sol, das flores e das mareas
i eu síntome ben contigo
polos camiños que coloreas
non sei que pasou
na feira de nadela non me viches, non
eu coa roupa nova, era de colección
de sabelo eses cartos gastaríaos en ron
non sei que pasou
na feira de nadela non me viches, non
eu coa roupa nova, era de colección
de sabelo eses cartos gastaríaos en ron
a miña aldea ten río, ten prados e carballeiras
castaños, millo, centeo e un ceo cheíño de estrelas
unha virxe moi branquiña, pequeniña e feiticeira
á que lle rezamos todos por nós e pola facenda
non sei que pasou
na feira de nadela non me viches, non
eu coa roupa nova, era de colección
de sabelo eses cartos gastaríaos en ron
Random Lyrics
- luks (pol) - ultimateswag lyrics
- topazfuq - chasing pan lyrics
- lil grave - other lives - intro lyrics
- state faults - heat death lyrics
- gino mella - mírate al espejo lyrics
- katatonia - sunset choir lyrics
- krilax - crédo lyrics
- aggressivek1d - не верь мне [don't believe me.] lyrics
- gene watson - i knew we could never love for long lyrics
- crown of anguish - gathering stormfires of the perilous want lyrics