azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

dioivo - terra esquecida lyrics

Loading...

só hai fame e miseria
baixo esta choiva de sal
eles gañaron a guerra
pero este lume non o poden apagar

se o sol non alumea
seremos o luar
o pobo xa sufriu dabondo
xuntos poderémolo ceivar
ímolo ceivar

gallaecia, finis terrae
chegou o día de espertar
de erguer esta terra esquecida
gallaecia, finis terrae

gallaecia, finis terrae
a escravitude rematará
nunca máis terra esquecida
gallaecia, finis terrae

este lume non o poden apagar
terra esquecida, nunca máis
ímola ceivar, a pedra crebará

morre a natureza
baixo esta choiva de sal
só hai fame e miseria
nunha terra cega de chorar

mais a forza dun pobo
é coma as ondas do mar
sempre volta, sempre volta
e ó final a pedra crebará
a pedra crebará

gallaecia, finis terrae
chegou o día de espertar
de erguer esta terra esquecida
gallaecia, finis terrae

gallaecia, finis terrae
a escravitude rematará
nunca máis terra esquecida
gallaecia, finis terrae

gallaecia
finis terrae



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...