azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

dios ke te crew - heroes lyrics

Loading...

a mediados dos 90 comezamos con isto
queríamos chegar lonxe, chegar a todo cristo
buscabamos a un mananger con moitos contactos
que nos móvese moitos bolos con bos contratos
faláronnos de un tipo lle chamaban barcenas
escoitamos bar, escoitamos cenas
dixeches bar, dixeches cenas,dixemos si
dixemos veña, este vai ser o crack que acabe cas nosas penas

pois dito e feito, chamámolo ó dereito
quedamos con el en madrid e pechamos un pacto
ofreceunos un bo trato e moitas datas ao ano, dixo:
“rapaces fágovos famosos coma me chamo”: bárcenas
era un águila real, pirata dos desp-chos da terra e do mar
movía canta cousa había que lle dera cartos
rodeado das cúpulas do poder e dos narcos

toda a pasta que facía ía a parar a súa conta
pero era para financiar a loita
non f-gades caso do que nos xornais contan
non coñecen a verdade máis conspiranoica
era un enviado especial da revolución
preparado para facer esbourar a bomba da corrupción
un caballo de troia nas filas do partido popular
que sacou a merda a relucir que lles foi salpicar

desde que bárcenas leva a contabilidade b
dios ke te crew xa no cobra o seu caché
teñen un cacho desp-cho muchacho que non vexas
agora dktc só ingresamos cervexa!
“son heroes, mártires por un mundo mellor!
son heroes, cada un coa súa respectiva misión!
son heroes, cómplices desta conspiración
antimonarquica, laica, antifa, ant-troika.”
tres héroes do século que pasarán a historia

coñecimos a frijol por medio de bárcenas
eles eran colegas, colegas de dársena
tiñan os dous o yate apacado en vilagarcia en batería
sempre perfecto para facer negocios pola ría
alberto nuñez un home respectado
diputado sempre e con vinte telo do teu lado
a súa carreira no pp pouco a pouco despunta
ata que remata pro facerse cun bo posto na xunta!

xuntabase cos peixes máis gordos con batuta
e movia os fios como un t-titero nas alturas
pero este home agochaba un segredo
era un revolucionario desobediente sen credo
pois el tiña un plan estratéxico ao longo prazo
rematar co pp en galicia dun só plumazo
e para isto levou a cabo unha ardua misión
misión gaivota tumbada, así se chamou

o noso mananger dicharachero fichou un papparazi
frijol fixose íntimo amigo dun narcotraficante
posou con desparpajo e naturalidade por diante
e aí tedes ó noso héroe con moreno semblante
son, son as fotos, unhas fotos que farán historia
fodendolles a imaxe aos fascistas con traxectoria
un favor fixo a galicia frijol para lembrar
polo ben de todos e interés xeral

“son heroes, mártires por un mundo mellor!
son heroes, cada un coa súa respectiva misión!
son heroes, cómplices desta conspiración
antimonarquica, laica, antifa, ant-troika.”
tres héroes do século que pasarán a historia

topamos con el fai anos durante as festas de ribeira
cando o cuñado se pajeaba co telediario da primeira
coa casualidade que acabamos no mesmo barco
nunha festa privada que organizaba marcial dorado
alí estaban os paxarracos máis gordos de toda españa
coñecimos ao terceiro imputado da peor calaña
fervendo o corazón, cabaleiro de cabeza a pés
non entendo por que a xente o ve do revés

urdangarín: en realidade é un tipo de puta madre
urdangarín: pola república cometeu o fraude
urdangarín: non hai gallumbo que aguante dos seus collóns
urdangarín: un cabalo de troia na casa dos borbóns

foi atopar a infanta cristina nunha entrega de medallas
el viña ben preparado coa caña de pescar
un par de guiños, unhas palabras de cariño ó oído
en 7 meses xa a tiña no altar
operación zarzuela progresa adecuadamente
demos comezo agora a misión bombo-borbón
na lúa de mel, na escuridade dunha cama
urdgangas espichou deliberadamente o condón
isto non é cousa para paletos novatos
nin un, nin dous, nin tres, fixolle catro netos a juancarlos
operación áncora xa rematou
non hai nada que non lle impida levar a cabo súa misión

“son heroes, mártires por un mundo mellor!
son heroes, cada un coa súa respectiva misión!
son heroes, cómplices desta conspiración
antimonarquica, laica, antifa, ant-troika.”
tres héroes do século que pasarán a historia

non é ouro todo o reluce
non sempre xusto despois do 12 ven o 13
non é bronce todo o que parece
en ocasións no medio das espiñas unha rosa crece
nóos habia plebe, nos sobres había b, nas fotos había neve
yo solo sé, yo solo sé que había nieve
non é ouro todo o reluce
non sempre xusto despois do 12 ven o 13
non é bronce todo o que parece
en ocasións no medio das espiñas unha rosa crece
nóos habia plebe, nos sobres había b, nas fotos había neve
yo solo sé, yo solo sé que había nieve



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...