guadi galego - pícanme os ollos lyrics
[letra de “pícanme os ollos” ft. depedro]
[estrofa 1]
de pensar a contratempo, de andar contra do vento
por querer o que non teño, por ter máis do que preciso
de lembrar un só pasado procurando un só futuro
por saber que son pequena e intentar disimulalo
[estrofa 2]
de contar cen mil estrelas, de non telas e buscalas
de arrincar mala herba, de agardar pola xustiza
de ver xente que ninguén conta
[retrouso]
pícanme os ollos por durmir pouco
por non usar os lentes
por ser cómplice do medo
aceptando a man de ferro
[estrofa 3]
de abrir portas ao baleiro pendurada dun mal fío
de correr e ser máis lenta por querer beber o río
polo peso das persoas que pasaron e pesaron
cada minuto que pasa un home queima, un home mata
o mundo arde, a vida inflama
[retrouso]
pícanme os ollos por durmir pouco
por non usar os lentes
por ser cómplice do medo
aceptando a man de ferro
[retrouso]
pícanme os ollos por durmir pouco
por non usar os lentes
por ser cómplice do medo
aceptando a man de ferro
aceptando a man de ferro
[coro]
Random Lyrics
- jasun jabbar - a mood (feat. jordan danielle harris) lyrics
- adam ďurica - zatancuj si so mnou lyrics
- keizer léon - you should be mine lyrics
- todo aparenta normal - berlin lyrics
- deyaz - mess lyrics
- moalys - no lo sé lyrics
- eighty ninety - heart on the line lyrics
- the maguas - mess you made lyrics
- ooes - магия (magic) lyrics
- lp - churches lyrics