labregos do tempo dos sputniks - deitado frente ao mar lyrics
lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirm-rs- no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
e ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
galicia, dóce mágoa das españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…
Random Lyrics
- pimpinela - una canción para que te cuides lyrics
- marks - heartbeat lyrics
- medrado - pra te fazer lembrar lyrics
- the strumbellas - the night will save us lyrics
- 湯駿業 - 森山大道 lyrics
- coco - come mi vedi lyrics
- niclas timmerby - the one lyrics
- b1a4 - 벅차 too much (sandeul + gongchan) lyrics
- labregos do tempo dos sputniks - libremente lyrics
- hester v75 - gjengklang lyrics