azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

luis emilio batallán gonzález - ahi ven o maio lyrics

Loading...

ahi ven o maio
de frores cuberto
puxéronse a porta
cantándome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros

pasai rapaciños
calados e quedos
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño
eu son voso probe
o pobo galego
pra min non hai maio
pra min sempre é inverno

cando eu me atopare
de donos liberto
que o pan non mo quiten
trabucos e préstemos
que, como os do abade
frorezan meus eidos
chegado habrá entón
o maio que eu quero
queredes castañas
dos meus castiñeiros
cantádeme un maio
sin bruxas nin demos
un maio sin segas
usuras nin preitos



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...