azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

mägo de oz – memoria da noite lyrics

Loading...

madrugada, o porto adormeceu, amor
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria

perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar

veu o loito antes de vir o rumor
levouno a marea baixo a sombra
barcos negros sulcan a mañá sen voz
as redes baleiras, sen gaivotas

e dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais
os teus ollos abertos sobre o mar
quererán pechar cunhas moedas, quizais
os teus ollos abertos sobre o mar

madrugada, o porto despertou, amor
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación
non imos esquecer, nin perdoalo

volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes nunca máis



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...