
malandrómeda - chegaches a ningures lyrics
outra vez no límiite
todo se repite ata que canses
outra vez cruzando pontes
esquivando baches
escalando montes
noites tristes
ti que tes?
non ch0r-s
toma vitaminas e nunca namores
nin esperes polo ramo de flores
chegaches a ningures
onde corres non hai gañadores
nin un, nin dous, nin tres
namais hai bares con viños e licores
cheos de perderodres que non miran de frente
con voces de augardente
falan do que foron antes
o único recordo co que te mantés
a semana empeza o martes
tira pra diante
doses abundantes que alimenten os flipes
o que cospes é un espello de que es
estes tempos son veloces
mira no que bates antes de queimares culleres
esas mulleres tiñan dentes
os partes das mortes están cheos e de despistes
nas paisaxes hai tantos grises diferentes
inda que viaxes xa non hai cores fluorescentes
eche cousa dos invidentes
é momento de que pares e que escoites, de que respires
chegaches a ningures
as veces non o sabes pero iso xa o dixeches
esquences que son os mesmos bucles
atrapados por frases que perderon o significado de cando as pensaches
sentado ves pasar ós coches pero non ós chóferes
extraterrestres mandan sinais intermitentes, imperceptibles
non crian que o escaches
xa viches os cachés
agarra ben os vaches cando baixes
nada novo, todo son remixes
en tempo das crises, incluso das artes
nos cines hai novos amantes
e poñen contrincantes, doentes, distantes
mires por onde mires
por moito que apures
non te esforces
chegaches a ningures
Random Lyrics
- don scavone - sketchy situation (acapella) lyrics
- devvon terrell - tunnel vision (remix) (lyrics) lyrics
- mac! - the lounge lyrics
- soul intent - the day it dawned lyrics
- mau - emotions lyrics
- ariana grande - i don't want to be alone for christmas lyrics
- big wibke - angeklagt (ft. shadow & m2l) lyrics
- archie fisher - the parting glass lyrics
- fallin & gaminho - alain juppé lyrics
- lazee - be somebody lyrics