mondra & berto (gal) - ardēn lyrics
[letra de “ardēn”]
no lugariño d’ardēn, ai, miña terra fermosa
hai unha rosa espiñada que aloumiña, que perfora
o lugariño d’ardēn, ai, miña terra querida
ten unha rosa na entrada, ten espiña na f+xida
ai van as ardentes por ardēn abaixo
espiñas de rosa e pétalos brancos
ai van as ardentes por ardēn arriba
rin das súas penas, choran alegrías
o lugar d’ardēn é terra de folia
ai, folia tal n’a vin na miña vida
o lugar d’ardēn ha ser terra sonada
sensual e diversa e de xente honrada
o lugariño d’ardēn é moi digno de querer
decote lle tiven lei, ai e xuro non lla perder
[outro]
o lugariño d’ardēn é moi digno dе querer
(o lugar d’ardēn é terra dе folia
ai, folia tal n’a vin na miña vida
o lugar d’ardēn ha ser terra sonada
sensual e diversa e de xente honrada)
o lugariño d’ardēn é moi digno de querer
(o lugar d’ardēn é terra de folia
ai, folia tal n’a vin na miña vida
o lugar d’ardēn ha ser terra sonada
sensual e diversa e de xente honrada)
é moi digno de querer
Random Lyrics
- криминальный бит (criminal beat) - высота (height) lyrics
- apartamentos acapulco - las cosas cambian lyrics
- andrés calamaro - no te bancaste (versión 2000) lyrics
- benjamin stewart - projector lyrics
- pathos, feris - rosa nera lyrics
- juane pelegrin - depósitos inflamables lyrics
- modest mouse - float on (dan the automator remix) lyrics
- bvuer - mihara lyrics
- netos de dona neves - peludinho lyrics
- xote santo - pode? lyrics