
os diplomáticos de monte-alto - mar de irlanda lyrics
[letra de “mar de irlanda”]
mar de irlanda, mar de irlanda
mar garimoso e traidor
fuches de min o sostento
e tamén depredador
de ti saquei pan pros fillos
máis todo o que eu non tivera
a cambio en ti eu deixei
toda a miña vida enteira
catorce anos eu tiña
cando ata ti me acheguei
agora xa son sesenta
e nunca máis voltarei
canta loita mar de irlanda
contra ti desenrolei
para arrincarche ese peixe
que ti non querer ceder
garimoso as menos veces
ata te deixas querer
traidor, falso e asasiño
cando bravo queres ser
cantos días, cantas noites
sobre ti eu capeei
defendendo aquel barquiño
que ti querías comer
agarradiño ó timón
amedrentado me tiñas
máis con café e pitillos
eu sempre a ti che vencía
negras e longas noites
de ventos f+xindo endemoniados
fúnebre música de santa compaña
ó bater con paus, cables, cordas
e todo canto atopaban
mares falsos e tolos
grandes coma montañas
ameazaban tragarnos
en un solo momentiño
confésoche mar de irlanda
que no fragor da sonata
máis dunha vez escoitei
a voz do meu pobre irmán
e a de tantos amigos
que ti levaches, traidor
ó máis mouro dos abismos
parecía que choraban
ainda pedindo auxilio
Random Lyrics
- evasha - ты мой (phonk remix) lyrics
- westside gunn - health science lyrics
- sapatx - pickle song lyrics
- froid - a teoria das cordas lyrics
- chris brain - sun did glide lyrics
- scoochie boochie - puttin' lyrics
- mihali & moon taxi - king of the low lyrics
- little cecil - the haunting lyrics
- dani6ix & izzkid - xococrispy lyrics
- el malilla, yeyo (mx) & ezya - préndete lyrics