
os diplomáticos de monte-alto - platinos lyrics
[letra de “platinos”]
[verse]
a nai que me pariu
pariume nunha cuneta
cando a comadrona veu
xa era chofer de primeira
a nai que me pariu
pariume o pé do foxo
cando a comadrona veu
facía rallies polos toxos
[chorus]
e logo que querías
se eu bebía gasolina
se mesmiño no parto
xa probei o asfalto
e logo que querías
teño sangue de viaxante
uns saíron pola cona
eu por un tubo de escape
[refrain]
la, la, la, la, la
la, la, la, la, la
la, la, la, la, la
la, la, la, la, la
[verse]
es unha, es dúas
es tres, es corenta
es un aparcamento
onde todo o mundo entra
es trinta, es cen, es mil
e non tes cеda o paso
vou directo pra ningures
deus mе libre dese atasco
[chorus]
no buga a ferradura
san cristobo dos pilotos
dame forza nos cilindros
coma fuciño do porco
no buga a ferradura
san cristobo kamikaze
quero un misil do trinque
para a última viaxe
[verse]
tirando pra carballo
atopeime cun máis bravo
gardaba a ferramenta
en follas do calendario
guiaba un catro eixos
sete cuartas do volante
que a este o pariron
nun cambio de rasante
[chorus]
e logo que querías
se eu bebía gasolina
se mesmiño no parto
xa probei o asfalto
e logo que querías
teño sangue de viaxante
uns saíron pola cona
eu por un tubo de escape
[bridge]
“anda a pasma preguntando
por cada disco+tasca
a ver por onde a rascas
“anda a pasma preguntando
por cada disco+tasca
a ver por onde a rascas
xa puxeron a túa cara
de sinal de perigo
en tódalas estradas”
xa puxeron a túa cara
de sinal de perigo
en tódalas estradas”
[chorus]
e logo que querías
se eu bebía gasolina
se mesmiño no parto
xa probei o asfalto
e logo que querías
teño sangue de viaxante
uns saíron pola cona
eu por un tubo de escape
tes no buga a ferradura
san cristobo dos pilotos
dame forza nos cilindros
coma fuciño do porco
no buga a ferradura
san cristobo kamikaze
quero un misil do trinque
para a última viaxe
Random Lyrics
- kaïn (qc) - à moitié moins heureux lyrics
- oxmo puccino - v'la le second lyrics
- koffdrop & charcut - paper lyrics
- fpfulger - fulger lyrics
- peđa jovanović - ne traži je, sine (cover) lyrics
- tridi & fen (rus) - уроборос (ouroboros) lyrics
- epic rap baddelz of histerie - spongebob vs. the rizzler lyrics
- pho$phoru$ - i kind of died then, but i'm still here lyrics
- apeman - drownedintheriver lyrics
- knull - in my woods lyrics