azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

pedrido - allahu akbar lyrics

Loading...

allahu akbar
la ilaha ilallah
ashad u anla ilaha ilallah
ashad u ana muhammad abdu wa rasulullah
hayya ala salah
hayya ala falah

son amrallah viñen traer a mensaxe
ámate a tí, ama aos demais, fai que os demais te amen
que se reclamen a sí mesmos o que queran
mentres deixen en paz aos demais seres da terra
aprende, así nunca serás pobre
entende, é imposible que o que penses se te roube
sorrí sobre a todo a aquel que non se acorde
do que é a felicidade así a felicidade será dobre
limpa teu corazón de pena e amargor
eu sei o que fai a dor, ás veces é devastador
pero do cemento máis duro sorxe unha flor
que enche de cor a máis escura escea de terror
eu sei que tenta, vivir de rentas
pero alimenta a teu irmán por se algún dia te alimenta
ou o necesitas, non ofendas
a mimgunha muller, pra min todas son nais
unha persoa sempre será igual a outra persoa
que as lágrimas s-xan de alegría e nunca a soas
que o limite s-xa voar por alto que poda soar
que ser mellor que onte non se pode comprar
non son exemplo idóneo por iso podo predicar
quixen cambiar o mundo e me empecei a medicar
e ás veces allah fálame tralo sitar
e venme visitar e dime que quere paz
así que faime caso se cada día o ves gris
se non atopas felicidade no teu pais vaite
que non paga a pena vivir trala bandeira
pode que fóra atopes a quen te queira
deixa a mentira de lado e saca a máscara
debes de ser tí quen rompa esa cascara
esa é a mensaxe, paz e vive libre
e que o amor dos demais s-xa o noso combustible

gloria á túa misericordia ilah
que escoiten en panxea o adhan de bilal
e a mensaxe de amrallah al aldababsí
estiven só polo deserto e vagaba así
cego cos ollos abertos, como nos concertos
ti me guías e cada paso e perfecto
te manteño perto por se algo me pasa
que s-xan orgullo e alimento o único que falta
disme cousas que non entendo ás veces
ás veces es un susurro no ouvido, ás veces creces
e te voltas un chíar son menos do que mereces
pero máis do que merecen eles, non o negues
na miña pel de papel deixo que escribas
neste sahel os fillos de ismael recitan
de memoria todas as palabras que me dictas
a fé non se quita, purifica a quen se sacrifica
te escoito antes de espertar, despois de durmir
e sei que es tí cando empezo a fluir
e sei que es tí cando empezo a f-xir
e algo mo impide, la ilaha ilallah, empezo a ruxir



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...