pedrido - que será de min lyrics
xa non teño barrio volvín vivir con mamá
canseime de pasar fame e escribirte raps
e non sei porque volvo se era feliz en verdade
sen ser a ultima lus acesa do skyline da cidade
máis que me pides? esta é a miña natureza
coller un micro e potar si pero facendoo con destreza
e xa nin mo cuestiono, deus me fixo así
e o que fixo deus non vas vir cambialo ti
canso de vivir na sociedade irreal virtual
todos arredor do monitor facendo o ritual
tribal, tributo habitual do inculto insultar
ata еxasperar e punto, ofendomе e a outro asunto
estás tan cego cando ansías ver mundo
que non te coscas que o tes diante a cada segundo
e que hai xente a morrer aqui e alí a fora
e que a ambos lados do muro a todos o tempo nos devora
e mastica duro, a min que ostia me importa o futuro
se vivo agora condenado por un pasado escuro
se non estou no podio é tongo seguro
f+go buracos negros no universo cando furo
a bola, meus versos son machetes de uganda e angola
invasión mongola sobre mcs que so rañan na pirola
tiña tanta fame que traguei as tuas trolas
pra min inda vale máis un bico que un dolar
e canta xente vive neste continente intensamente
pensando que seu trozo de realidade é suficiente
tendo un traballo escravo pra levar algo ao dente
que esté quente, pagar entrada da proxima de torrente
eu desesperao por kenke, quen ten fé o comprende
quen non pode ler moito mais non entende
o que son pra min o mar azul e a terra verde
o ceo de cemento e a chuvia transparente
meu fogar miña terra, pola familia vou a guerra
e xa podes matarme se non queres ser quen a perda
porque na vida ordinaria serei a ultima merda
pero vivo como soldado sen bandeira, sen comandante nen fronteira
sen amo, teño que amalos como a meu rebaño
e dicirlles que toda esta merda é un puto engaño
como facer a paradinha para tirarte o caño
para sobrevivir ao inferno cada noite nas súas chamas me baño
cando soño, benvido ao show de kronos
non son xogos de tronos nen vacacións en mikonos
ese mc é un fake mais o tratades como icono
en vez dun cheque a pedrido dades unha pistola ao mono
e asi como a vida dos mcs chega ao seu fin
sen pensión nen intitucións facendo nada por ti
eles rin, perdonaos deus porque non saben o que din
non é que será de min, é que será de ti sen min
Random Lyrics
- hana bryanne - cool girl song lyrics
- is this cam? - all over again lyrics
- oklahoma pearlescent - артефакт (artifact) lyrics
- pousi - بوسي - el youmeen dool - اليومين دول lyrics
- sentaliium - cant save u lyrics
- tigergid - show lyrics
- hana bryanne - dollface reprise lyrics
- sex havers - walrus blubber lyrics
- i vianella - vestiti, usciamo lyrics
- venesiaworld - soul mist lyrics