sondarúa - éxodo lyrics
navia rivas:
deixo amigos por extraños, deixo a terra polo mar
deixo en fin canto ben quero, quen puidera non deixar…
alex arnoso:
escoita o ar nega, morto de pena
escuro vai chorar polos que non están pra cea
polos que xa tiveron que marchar, lonxe do lar
que non van voltar hai que parar, ondea
a media asta colgada desa azotea, unha bandeira treme por esa condea
a terra triste non ten ninguén pa abrigar
moitos lonxe do seu lar, e sen cartas pra que lean
fai cincuenta anos foise o meu avó
agora é miña irmá quen monta nese vóo
de nós depende que eles poidan retornar
só nos queda loitar ou ter fotos cheas de pó
sho, sho, non é noso ese destino
pra suíza mandan cartos, os probes mandan seus fillos
tanta tinta tonta malgastada en folios de promesas inc-mplidas
en favor dos monopolios, o espolio sigue en marcha
mentiras non emparchan sangue fría nesas vías que se escarchan
fariseos leo e creo ser un reo creo versos presos
nestes textos tersos son ateo, vendo o ceo xa estou cheo de
eses morfeos que, rouban soños ou retoños coma igrexa ¿ou qué?
tantos centos lonxe deste puro edén, adán non mordeu mazás
pero a serpe segue ben, bang! bang! artemisa apunta raro
son certeiros case sempre os seus disparos
somos a presa perfecta iso está claro
que volten os presos que volten os emigrados!!
(retrouso)
que volten á nosa terra, que remate isto duha vez
aquí seguimos en pé de guerra, luitando por elas non imos retroceder
esta nazón non se enterra, eles non van poder
somos a voz das que berran, levamos nas veas a s-m-nte de vencer!!
hugo guezeta:
escrebo para que pare, ai para velas regresar’e
saíndo polo ar, van saíndo polos mares
xa desía rosalía
galiza sen mulleres quedas que te poidan traballar’e
e sen homes, e sen cristo bendito
dame un micro, non claudico aínda que s-xa delito
expres-rs-, e ¿que f-gho con isto “p-rs-”?
autocensur-rs- é que ghañen os de sempre
e non quero darlles eu esa alegría
quero frear a hemorraxia, a sangría
pola iria, por lore polo martinho
por toda ghalega que emprendeu ese camiño
de vértigho, que non carallo non dou crédito
a que liscar da nosa terra s-xa mal endémico
o seu séquito terá chollo por ence
por eulen, por audasa ou na deputación de ourense
crense, ghobernadores desta matria e mandan
pero non ghobernan nesta parcela
señorito dos peares sepa usted
quen condena a súa terra non merece nada dela
4rela!! estamos vivindo en mátrix
os soños dunha xeración rematan nunha esquela
como esa vítima laiándose de ter’e confiado
nese porco de merda que xa acoitela
xa! xa! imos frealo camarada
encher de orghullo e de forza cada mirada
mulleres libres na galiza liberada
que volten as presas que volten as emijradas!!
(retrouso)
que volten á nosa terra, que remate isto duha ves
aquí seguimos en pé de guerra, luitando por elas non imos retroceder
esta nazón non se enterra, eles non van poder
somos a vos das que berran, levamos nas veas a s-m-nte de vencer!!
Random Lyrics
- jacobi wichita - belly up lyrics
- lil goonie - like me lyrics
- violent remark - vrkilledthis lyrics
- hamildub (original by lin-manuel miranda) - aaron burr, señor lyrics
- quilly - wanna be wavy lyrics
- stallion (band) - the devil never sleeps lyrics
- well maxx - call on me lyrics
- roi méndez - te dejaré lyrics
- gianna nannini - fenomenale lyrics
- luciano rossi - come va lyrics