tenue (esp) - distracción lyrics
[letra de “distracción”]
unha bolboreta salta dunha flor a outra
danzando contra o vento
así como nos agarramos ás copas
exhalando o suave polen da primavera
só ás veces hai silencio
un tesouro dourado
que hai que gardar profundo nun presente que é lume
onde temos a mesma fame
un corazón non se oxida no baile
unha oración faise grande no xesto
somos eu e son todos
brazos e estrelas entrelazados nunha orxía cuántica
un arjé que palpita detrás do peito, e brilla en pingas de suor
delicada cuestión do s+xo alén do corpo: a última fronteira
non hai confíns no vеntre da nai
pisamos o ser se pisamos a sombra?
risiblе medir o brillo de mil soles
asinamos o armisticio nunha caída de pestanas
unha marca de morte en forma de engurra (fai que queiramos) arrincarmos a pel e a usala de alfombra onde limpar os nosos pes
non hai volta á rutina despois do des+xo absoluto
onde os quefaceres deixan de ter sentido
non hai volta á rutina despois do des+xo absoluto
soan notas prateadas dun comezo que sempre estivo
Random Lyrics
- nej' - bahinileek lyrics
- jessie murph - love lies lyrics
- up up girls (kakko kari) - forever young lyrics
- l izreal & гурмэ (gurme) - бесплатно (for free) lyrics
- milija stojković brole - volim, volim te sve više lyrics
- margarida bessa - avé maria fadista lyrics
- itsmanman - mad max lyrics
- shreya ghoshal - paalthira paadum lyrics
- 1psion - saks 5th lyrics
- l2k - childhood lyrics