willow (ghz) - mala herba lyrics
mala herba e mala herba sempre
vai volver saír inda que a cortes
vai volver crecer aínda que a regues
vai volver saír inda que arranques
vota a vista ó fondo, a ver se me atopas a min
fai tempo que me escondo de min
onde está iso que fun no que crin?
claro non respondo
se as preguntas me afogan e ao fin
non consigo apartalo de min, non
hai que ver que fondo…
non consigo caber nun sistema cosido por nenos!
non decido еngordar a esa besta que еngule culturas!
non me sumo a esa moda de xogar a ver quen ten menos!
non me esixan pasar polos filtros da vosa censura! … … …
ti enténdeme que non, que eu xa teño bastante co meu
cun guerreiro pechado na miña cabeza que quere o control do que é seu
que me deixa tres días na cama fundido escapando do que xenerou
que me ten outros tres devorando algún tema co que o cabrón se ilusionou
fódanse os dous! so quero calma
que non me concentro se dentro me sonan alarmas
fódanse os dous, baixen as armas
déixenme a máquina limpa, antes de darma, de devolverma
que hai un cabalo do demo cansado de ser unha larva
e ten os olliños vermellos da cor da vinganza
tocar o ceo e me piro podo xuralo!
que f+go a pensar no retiro eu con 20 anos!
se taba tomando un respiro a veces é sano
agora un dragón coma spyro quero queimalos!
solo quero que suxeites o meu demo, que o cabrón non deixa de facerme dano
camiño terra, eu todoterreno como o tote neno, pero mais cansado
tan cansado que me costa aguantarvos a pensar tan so na pasta
agochades todo iso que importa e pouco a pouco se desgasta
solo quero que suxeites o meu demo, que o cabrón non deixa de facerme dano
camiño terra, eu todoterreno como o tote neno, pero mais cansado
tan cansado que me costa aguantarvos a pensar tan so na pasta
agochades todo iso que importa e pouco a pouco se desgasta
mala herba é mala herba sempre vai volver saír inda que a cortes
vai crecer igual inda que a regues, queda claro non é que che importe
se a min non me importa pilla a curva ao corte
tan caíndo bombas, ímonos pra o monte
que mala herba é mala herba sempre
Random Lyrics
- xikers (싸이커스) - oh my gosh lyrics
- riskee & the ridicule - villain lyrics
- baleno sku - insomnie lyrics
- naut - i'm here lyrics
- y33ty99 - masturbation is underrated lyrics
- aiba - laken lyrics
- thoto - dice lyrics
- mira škorić - tačka prekida lyrics
- untiljapan - burden lyrics
- han2k15 - stuck in luv lyrics