azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

xmaseda65 - os tempos son chegados (intro) lyrics

Loading...

desfile de moda desde a casa ao skoda
xiro a chave e poño a versión nova
está de 10 pero quero facer algunha proba
non poido morrer sen esta merda fóra

non poido vivir así todos os días
combinando hipocondría e hipocresía
crendo que esto acaba xa por calquer tontería
mentras que me jodo o corpo porque el mo pedía

na ventana vexo as pontes atemporais
recordo cando as vía desde as de detrais
conducindo meus pais, volvendo a casa das festas
confundindo as luces da orquesta con bat+señais

paréceme que deso fai un par de días
e xa teño a edá de mamá cando naceu maría
meus pais con vinte e pico, con deudas e unha filla
oxalá ser a mitá que quen me deu a vida

baixo unha marcha e gózomo co sonido
levaba tempo necesitando estar só conmigo
cunha mau no volante e a miña voz no oído
recordándome que o que mais me doe non o rimo

e todo o camiño que levo xa andado
está cada vez mais cerca, cada vez mais claro
levo anos invertindo nesto ata os regalos
confío en dios e no proceso, os tempos son chegados
os tempos son chegados
pero nada me chegou sen saír a buscalo
son moitos anos, moitas cousas deixadas de lado
por apostar por min casi sin ningún resultado

por estar empeñado
en confiar en min, en non deixar de intentalo
en transcender, en non deixar que morra o meu legado
en ser un alguén antes dos pésames e os ramos

os tempos son chegados



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...