amorodo – o clube das moitas lyrics
buscamos saídas para esta amarga morgue
o rap é unha boa opción admitoo sen duda
pero falo de hip hop, compromiso e cultura
non de rapear un libro de autoaxuda
merda dende lonxe o facha de casado
pablo e íñigo, agora divorciados
psoe marca blanca do ibex35
ciudadanos é a vox do hacendado
ou viceversa, non monta tanto
españa nin é grande, nin libre a deixaron
agora é o pp noutrora foi a ceda
queren tomarnos o pelo como a vida con cepeda
claro que me vou cabrear
xogar coma lebron, pensar como sitaphá
na vida e no ring estilo muhammad
alí onde f+ga falta puño em alto demostrar
(retrouso)
o individualismo roza o penoso
no clube das moitas o meu tamén é noso
ninguén fala de si sen escoitar o lado
se non tes nada aquí tamén eres aceptado
a galaxia microsoft, o planeta starbucks
poseelo todo, poñer prezo as cabezas
normas deste clube: débese falar
sobretodo nos momentos nos que te queiran calar
está a terra tola repartida a cachos
non foi a veciña movendoche os marcos
xustiza mundial, máis ben mamarrachos
está claro que failles falta moito sacho
a min ninguén me escoita, sigo falando solo
as miñas peniñas vanse no seu colo
eu queimando estas barras
e namentres desxean os polos
polos menos fiquei firme
como na guerra fixo o señor afranio
cando suba a luz en pleno inverno
tapaidevos coa bandeira… escarnio!
a función é rapeiro non profeta
as frases som verdade se coma min interpretas
non para creer cegamente que temos razón
senon pra creer que chegaremos a meta
(retrouso)
o individualismo roza o penoso
no clube das moitas o meu tamén é noso
ninguén fala de si sen escoitar o lado
se non tes nada aquí tamén eres aceptado
a galaxia microsoft, o planeta starbucks
poseelo todo, poñer prezo as cabezas
normas deste clube: débese falar
sobretodo nos momentos nos que te queiran calar
Random Lyrics
- bryan divine – trapverse lyrics
- bardomagno – tutto ‘l resto è boia lyrics
- tomrum – favoritter lyrics
- ivypaint – head rush lyrics
- great deceivers – lady divine lyrics
- aheap – you’ll engages me lyrics
- cooley47 – goodbye lyrics
- geraint jarman – byrgyr mabinogi lyrics
- kaitai – scared to be free lyrics
- agust d – burn it lyrics