ataque escampe – alan lomax lyrics
alan lomax andou por aquí
era o ano 52. foi á gudiña e a ribadavia, pero non coñeceu o amor
con sandalias e calcetíns, preocupado pola tradición, foi ao hío e a soutoxuste, pero non coñeceu o amor
e todo é moi escuro desde hai algún tempo
esas voces que din que non te quero
está a alma en pena de michael jackson facendo cola para entrar no inferno
ten moito ollo coas psicofonías que din o que non lle podes dicir a un estranxeiro
alan lomax andou por aquí e tratárono como a un señor: probou as luras e os berberechos, pero non coñеceu o amor
con sandalias e calcetíns, prеmía o rec en bañador
mil señoras con pandeiretas, pero non coñeceu o amor
no tocadiscos soa «parole, parole, parole»
como sería un sábado antes de nacer nós?
os mozos falanxistas botaban carreiras de sacos
cantos fantasmas viven nese magnetofón?
e todo o mundo berra: «que fale, que fale, que fale»
unha lágrima caeu na area da praia de riazor
son un xoguete roto, xa nunca me poñen na radio
teño unha pena grande e vouna cantar para vós
contan historias violentas e sórdidas
avós, avoas, estades aí?
cos ollos baleiros de amy winehouse e os dentes de ouro de w+lly deville?
gansta rap, afrobeat
como puidestes escapar sen min?
unha veciña dixo: «milagre, milagre, milagre»
saían bolboretas do meu amplificador
unha guitarra cutre debaixo da foto de franco
conxuro da queimada, sagrado corazón
Random Lyrics
- ty brasel & the wrldfms tony williams – love? lyrics
- clide – infinite lyrics
- robert angel – find you lyrics
- mono moon – cold and holy lyrics
- junior varsity – florida lyrics
- fkslair – independence doomsday lyrics
- floky – sans toi lyrics
- shawn lee – the way things oughta be lyrics
- lxxiv – thoughts still dark lyrics
- fally ipupa – v.i.p lyrics