ataque escampe – mondariz-balneario lyrics
onte fun andar pola beira do sil e pensei que a vida é como un río
había tempo que non ía por alí e continúa todo igual de aburrido: pais contra pais á saída dos colexios, nenos que van pelexar cos seus amigos
xa non teño facebook para poñerme a espiar (o persoal é moi presumido) nin espazo para arquivos ilegais, documentais de estados unidos: napoleón na pirámide de keops, as dimensións do espazo infinito
e cando trato de ser eu mesmo, mexa un can negro no meu portal
por min non conspirará o universo
e asumo xa que a felicidade non chegará xamais
teño un cravo tan cravado no corazón que con razón me doe sempre o peito, teño sempre unha constante preocupación por ir por diante do que vai sucedendo
sorte fatal a que vai sempre comigo
cal é o mal que me vén de nacemento?
pero por máis que o des+xe forte, nunca son quen de sentirme ben
no tarot sempre me sae a morte
e cando vou contigo pasar unha fin de semana ao balneario de mondariz+balneario de retiro espiritual, tamén
Random Lyrics
- shy high – clam chowder – extended lyrics
- schiuma – ossessionata lyrics
- alexie c – on me lyrics
- maintained – цветы (flowers) lyrics
- sandro tavartkiladze – axali weli lyrics
- goin’ through (grc) – decolte lyrics
- roadrunner glockboyz tez – active lyrics
- kenan aydın – eskisi kadar lyrics
- children collide – tired eyes lyrics
- ferius – summer ain’t as long as it used to be lyrics