moel – casa deshabitada lyrics
[verso 1: moel]
quero empezar a vivir a vida
como se fora unha casa deshabitada
quero pintar as paredes espidas
abrir xanelas e portas que están pechadas
quero prender o lume na sala
quero queimar todo aquelo que me fala
de vaidades, adobíos
que non deixan ver o que hai detrás
[retrouso: moel]
quero afinar o piano
quero facelo soar
quero afinar a guitarra
quero bañarme no mar
quero correr polo monte
quero verte sorrir
quero derrubar as pontes
e illarme en ti
[verso 2: guadi galego]
teño dous cadernos con palabras
unhas que escoitan, outras que calan
teño dúas mans que me apuntalan
ora con forza, ora con calma
teño os pes chantados no río
teño o pescozo entalado polo frío
deste inverno que non anda
de agardar que o vento amainara
[retrouso: guadi galego e moel]
quero afinar o piano
quero facelo soar
quero afinar a guitarra
quero bañarme no mar
quero correr polo monte
quero verte sorrir
quero derrubar as pontes
e illarme en ti
Random Lyrics
- noffke – defier lyrics
- yuukinosight – 領空侵犯 (ryoukuu shinpan) lyrics
- nutso thugn – make sense lyrics
- pitou – give me a glass lyrics
- stuts & 松たか子 (with 3exes) – presence remix lyrics
- 5am – soneto v lyrics
- stoute louis – intro lyrics
- shoreline [ger] – sanctuary lyrics
- ghali – chiagne ancora lyrics
- vilagran & delavy – recordando o passado lyrics