azlyrics.biz
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

s.e.s. – tempestades de sal lyrics

Loading...

nesta terra que fai testamento
que acolle os lamentos e anima a olvidar
infectada de sangue usureiro
nesta terra que fai testamento
que acolle os lamentos e anima a olvidar
infectada de sangue usureiro
caciques modernos, mecenas do mal
vivo dentro dun monte de area
tinguido de brea que non limpa o mar
coa esperanza de tomar alento
para ver o momento de nos libertar

mais aínda seguimos aquí
a aturar tempestades de sal
resistindo a violencia de mans
desas serpes e cans que nos queren calar
compañeiras nos soños do edén
unha illa no medio do mar
que iluminan o loito máis negro
que esquece o desterro e o medo a loitar

cando as marcas se gravan a ferro
e a dor e a xenreira non deixan sorrir
as penurias van alén da fame
falta a identidade que axuda a vivir
só se calma o ruído da raiba
coa forza que queima na gorxa ao berrar:
queremos curar a fendedura
olvidar a tristura e voltar comezar



Random Lyrics

HOT LYRICS

Loading...